O Plan Concilia de Sanxenxo confina a 16 menores polo positivo dunha monitora
Por Redacción
Os responsables do Plan Concilia de Sanxenxo decidiron o confinamento de 16 menores que participan no programa. A medida adoptouse seguindo os protocolos sanitarios tras detectarse que deu positivo unha das monitoras.
O positivo en covid-19 obrigou tamén a confinar a outra compañeira da monitora afectada. Esta primeira afectada que deu positivo reincorporarase á actividade o luns xa que este mércores xa deu negativo na proba PCR.
No Plan Concilia participan este verán 165 nenos e as actividades desenvólvense maioritariamente ao aire libre e, en calquera caso, sempre seguindo un estrito protocolo de seguridade.
SEN SOCORRISTAS NAS PRAIAS
O Concello de Sanxenxo tamén anunciou este xoves que o venres 23 e o sábado 24 de xullo non abrirá o servizo de socorrismo en ningunha das súas praias dado que as previsións meteorolóxicas son moi desfavorables.
Nestes momentos, entre positivos e confinados por seguridade, hai 22 socorristas de baixa dun persoal de 80.
A acumulación de días sen descanso do persoal que non deu positivo ou non se confinou para afectar ás menos praias posibles recomenda aproveitar a mala climatoloxía para dar descanso ao persoal que tivo que facer un sobre esforzo desde que se deron os primeiros positivos e confinados.
Relacionadas:
-
As praias de Sanxenxo van recuperando os seus socorristas tras o gromo de covid-19 e tan só A Lapa segue sen servizo
Por Redacción |
-
Dez menores de Marín, en corentena tras un positivo nos campamentos de verán
Por Redacción |
-
Pontevedra achégase ao seu récord de casos de covid-19 tras volver confirmar 81 positivos nun día
Por Natalia Puga |
-
Soben os contaxios por covid entre os socorristas de Sanxenxo, con 27% do seu persoal de baixa
Por Diego Espiño |
-
A covid-19 deixa en cadro aos socorristas de Sanxenxo: dous positivos e nove confinados
Por Redacción |