A autocita para cribados terá postos fixos en Pontevedra e Vilagarcía a próxima semana

Por Natalia Puga
O sistema de autocita para acudir a cribados de covid-19 afiánzase na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e durante a próxima semana haberá puntos fixos para realizar as probas en Pontevedra e Vilagarcía.
Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, a poboación de entre 16 e 35 anos poderá pedir autocita para o Hospital Provincial de Pontevedra e o recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía entre o sábado 24 e o venres 30 de xullo.
Ademais, este venres 23 de xullo haberá opción de pedir autocita en Sanxenxo e en Cambados, sempre para a poboación de entre mozas de 16 e 35 anos.
O vindeiro luns 26 de xullo esta campaña de autocita para a poboación nova chegará a Sanxenxo.
SETE NOVOS POSITIVOS
Segundo a información oficial facilitada, as dúas primeiras xornada de autocita que se realizaron este martes e este mércores deixaron un total de 11 positivos. O martes xa se anunciou que houbo catro e este mércores foron sete.
Nestas dúas xornadas os test fixéronse en Fexdega. Este mércores realizáronse 670 e detectáronse 7 positivos. O martes realizáronse 762 probas e detectáronse 4 casos.
Relacionadas:
-
Sanidade reduce os tempos de espera para operacións e especialistas en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
A inmunización avanza en Pontevedra cunha nova xornada de vacinación masiva
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
250 novos contaxios levan a área sanitaria ao seu pico máximo de casos activos, 2.785
Por Alejandro Espiño |
-
Unha unidade móbil realizará este sábado test de antíxenos na praza de España
Por Redacción |
-
Detectan catro positivos entre 762 mozos na primeira xornada de autocita para cribados en Fexdega
Por Redacción |
-
Só o 38% dos citados acode á primeira xornada de cribado en Vilagarcía, con 10 positivos detectados
Por Redacción |
-
Sanidade analiza a expansión sen control da covid-19 no Salnés e decide non cambiar de nivel ningún concello
Por Natalia Puga |