O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta alegacións aos eólicos de Siroco, Tramontana e Rula
Por Redacción
Os membros do BNG de Cerdedo-Cotobade presentaron por rexistro alegacións a tres novos proxectos eólicos que afectan ao termo municipal de Cerdedo-Cotobade: Tramontana, Siroco e Rula, os dous primeiros promovidos pola empresa Greenalia, e o terceiro por Green Capital Power.
Estas alegacións únense ás xa presentadas en relación aos proxectos eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas.
O BNG leva meses realizando actos informativos en diversos puntos do municipio e nos que "se aposta por una enerxía eólica sustentable, xusta e galega que revirta os beneficios no territorio e sexa respetuosa co medio natural e co patrimonio", manifestan desde o grupo nacionalista.
Estes motivos foron os que os levaron a denunciar o espolio e a depredación que supón a avalancha incontrolada e sen planificación de proxectos eólicos, afirman, cuxo único obxectivo é engordar os beneficios das grandes empresas trasnacionais.
"A normativa do goberno do PP permite expropiacións deixando indefensos aos propietarios e propietarias dos terreos, permite a fragmentación artificial dos proxectos para facilitar a súa tramitación e deixa fóra aos concellos a través da figura da supra municipalidade deixando fóra da toma de decisión a administración máis próxima á comunidade que deberá soportar o impacto", indicou Ernesto Filgueira.
Manifesta o representante do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade que os tres proxectos aos que acaban de presentar alegacións teñen en común aspectos como unha tramitación escurantista; son macro-parques que pola súa estrutura impiden unha correcta avaliación ambiental; os estudos de impacto ambiental presentan serias incoherencias e faltan os informes hídricos e hidroxeolóxicos; deixarán escasos beneficios na economía local, ademais de afectar a sectores crave como o forestal, o agrogandeiro ou o turístico; e impactarán gravemente na fauna, a flora e o patrimonio.
Ademáis, denuncian que afectarán a moitas vivendas e terras, que perderán valor ao atoparse encadradas dentro das poligonais dos parques eólicos
"É preciso desenvolver un modelo alternativo que sirva aos intereses do noso país, que xere beneficios nas comunidades locais, que sexa xusto e sustentábel, minimizando ás afeccións aos valores ambientais, e promovendo a complementariedade con usos tradicionais, de maneira que a enerxía eólica xere rendas complementarias ás que xa producen outras actividades", declaraba Filgueira, ao tempo que denunciaba a necesidade de "cambiar este modelo de portas xiratorias PP-PSOE no que o lobby eléctrico manda máis cos gobernos e apostar por un modelo con participación pública".
Relacionadas:
-
Os voceiros municipais respaldan unánimemente as alegacións municipais ao parque eólico Rula
Por Redacción |
-
Os socialistas de Cerdedo-Cotobade apremian a Cubela para alegar contra o parque eólico "Rula"
Por Redacción |
-
A empresa promotora do parque eólico dos Cotos terá que presentar un novo proxecto
Por Redacción |
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade denuncia o "roubo" dunha faixa "contra o espolio eólico"
Por Redacción |
-
Proxectan un parque eólico de 587 hectáreas e catro aeroxeradores no Monte Castrove
Por Alejandro Espiño |
-
Unanimidade de todos os partidos en Cerdedo-Cotobade contra os parques eólicos Siroco e Tramontana
Por Redacción |
-
Informes desfavorables da Xunta sobre os parques eólicos de Siroco e Tramontana
Por Redacción |
-
O Pavillón de Carballedo recolle a preocupación da veciñanza polo proxecto eólico
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade alegará contra o parque eólico de Porto Vidros
Por Redacción |
-
A cara oculta dos parques eólicos desvelarase este venres 30 no Teatro Principal
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Piden paralizar o trámite de construción do parque eólico Campo das Rosas e Porto Vidros por "incumprir a normativa ambiental"
Por Redacción |