O mal tempo obriga a adiar o 'Día da Matria Galega' de Poio para o 28 de xullo
Por Redacción
A previsión meteorolóxica para este venres, que alerta de posibilidades de choiva e mal tempo, levou ao Concello de Poio a suspender a celebración do Día da Matria Galega 2021, que tiña previsto para as 20.30 horas nos xardíns de Rosalía de Castro, xunto ao Pazo de Ferreirós.
A celebración queda convocada para o vindeiro mércores 28 de xullo ás 21.00 horas no mesmo lugar, segundo anunciou a concelleira delegada de Dinamización Lingüística e Memoria Histórica, Marga Caldas.
Será un acto institucional no que se fará entrega das bandeiras ás asociacións do municipio de nova creación e que incluirá a actuación de 'A Banda da Loba'
O Concello tamén anuncia que todas as persoas que queiran recoller a súa bandeira antes do día 25 de xullo e que se inscribiron previamente poderán recollela na tarde deste venres no Concello. O edificio municipal permanecerá aberto ata ás 20.30 horas.
O acto, que se desenvolverá con estritas medidas de seguridade para adaptarse aos protocolos sanitarios fronte á covid-19 enmárcase dentro das Festas do Verán de Poio.
Relacionadas:
-
O BNG asume a organización do Día da Matria que antes auspiciaba o Concello de Poio
Por Redacción |
-
Noite de intensa actividade cultural en Poio, co Día da Matria Galega e o inicio do Festival Chalaniña
Por Redacción |
-
A Banda da Loba e a repartición de bandeiras centrarán os actos do Día da Matria Galega
Por María José Pita |