Proxectan un parque eólico de 587 hectáreas e catro aeroxeradores no Monte Castrove
Por Alejandro Espiño
Ata 587 hectáreas pretende ocupar o parque eólico que se proxecta no Monte Castrove, en terreos de Pontevedra, Poio, Barro e Meis. Así se desprende da documentación presentada polos seus promotores ante a Xunta de Galicia.
O proxecto, que se expuxo a información pública para a súa avaliación ambiental, está impulsado pola sociedade Parque Eólico Cadaval y Ventoso SL, con sede en Santiago.
O parque contaría con catro aeroxeradores tripala, de 6.000 quilowatts cada un, polo que a súa potencia alcanzaría os 24 megawatts. Terían 170 metros de diámetro e uns 115 metros de altura de buje.
Segundo os cálculos realizados polos seus impulsores, o parque xeraría electricidade para 13.846 familias e crearía uns 640 postos de traballo no seu deseño e construción.
Os promotores estudaron varias alternativas e concluíron que a elixida ten unha menor afección sobre o terreo, xa que a superficie afectada polas infraestruturas é menor e, ao ter menos aeroxeradores, será necesario escavar menos chan para viarios e gabias.
O proxecto completaríase cunha subestación eléctrica e un edificio de control.
O investimento previsto para construír este parque eólico ascendería a 20,5 millóns de euros.
Relacionadas:
-
A APDR solicita a retirada do proxecto eólico no Castrove
Por Redacción |
-
Convocada unha reunión telemática para abordar a situación do proxecto do parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción |
-
Representantes do BNG visitan o Monte Castrove para mostrar a súa oposición ao proxecto de parque eólico
Por Redacción |
-
Goberno de Poio e oposición alegarán de forma conxunta contra o proxecto eólico no Castrove
Por Redacción |
-
Unanimidade no pleno de Poio contra o proxecto de parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción |
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta alegacións aos eólicos de Siroco, Tramontana e Rula
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas informa desfavorablemente sobre o parque eólico da Rula
Por Redacción |
-
Informes desfavorables da Xunta sobre os parques eólicos de Siroco e Tramontana
Por Redacción |