Todos os municipios de menos de 20.000 habitantes piden axudas para fomentar a igualdade
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde á concesión de axudas por valor de 230.000 euros para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero nos concellos de menos de 20.000 habitantes.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou o seu orgullo porque a totalidade dos 51 municipios da provincia que entran neste rango de poboación teñan solicitado as subvencións, "o que significa que estamos conseguindo que os concellos teñan cada día máis compromiso co fomento da igualdade para as mulleres e coa loita contra as violencias machistas".
Ademais, asegurou que con estas axudas poderán subvencionarse proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista, iniciativas das mesas locais ou proxectos para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero (fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo).
Tamén haberá programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade ou con singulares dificultades encamiñados á mellora da formación, emprendemento e a inserción laboral.
Finalmente, a través destas subvencións os concellos tamén poderán poñer en marcha a creación de redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade e conciliación da vida persoal.
Relacionadas:
-
Poio reforzará as actividades educativas na programación do 25N
Por Redacción |
-
Poio consolídase como un Concello novo ao rexistrar a segunda media de idade máis baixa da comarca
Por Redacción |
-
340.000 euros en axudas para programas de igualdade e loita contra a violencia machista
Por Redacción |
-
A Xunta reforza a atención á muller e as accións de prevención da violencia de xénero
Por Redacción |