Francia pon os seus ollos nos petróglifos de Mogor
Por Redacción
Unha das guías turísticas máis importantes de Francia vén de dedicarlle un apartado específico aos petróglifos de Mogor, seleccionados polo seu interese e riqueza patrimonial.
Trátase da guía francesa Petit Futé, que na edición que lle dedica a Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León, inclúe o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor como lugar destacado.
A empresa encargada da xestión do centro destaca que, dentro da fracción de visitantes estranxeiros, os franceses son maioritarios sobre os turistas chegados doutros lugares.
Ata o 12 de setembro, o centro de interpretación está aberto de martes a domingos de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas.
Ademais, hai visitas guiadas de 30 minutos ás 12.30 e ás 20.30 horas, sen necesidade de reserva. Por prevención pola covid-19, o aforo interior do centro é de oito persoas.
Relacionadas:
-
Os petróglifos de Mogor recibiron 200 visitantes durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Os petróglifos de Mogor contan con nova sinalización
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor abrirá en Semana Santa
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor é de bandeira
Por Redacción |