O Concello pagará 2.059 euros a unha persoa que tropezou nunha lousa no cruzamento Roffignac-Benito Corbal
Por Redacción
O xulgado contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra estimou parcialmente a reclamación de responsabilidade patrimonial que presentaba unha persoa que o 5 de febreiro de 2020, cando camiñaba polo cruzamento entre as rúas Cobián Roffignac e Benito Corbal, tropezaba cunha lousa en mal estado e caía causándose diferentes danos.
Esta persoa reclamaba unha indemnización de 4.148 euros ao Concello de Pontevedra como responsable do estado da vía. O xulgado entende que o Concello é responsable de que o estado de pavimentación nesa zona debía ser mellor ao atoparse nun punto céntrico da cidade nun tramo peonil pero tamén considera que a persoa afectada podía evitar a caída ao producirse a plena luz do día e coas condicións de visibilidade adecuadas para evitar o dano da baldosa.
Ao estimar parcialmente a reclamación, o Concello está obrigado a indemnizar a 2.079 euros á persoa que presentaba esta reclamación. A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, sinalaba que se traslada ao seguro municipal esta sentenza para que realice o pago correspondente.
DESESTIMADOS OS RECURSOS DUN OFICIAL DE POLICÍA E DE BOMBEIROS
Gulías informaba tamén da desestimación por parte da sala contencioso administrativo do Tribunal de Xustiza de Galicia dunha reclamación dun oficial da Policía Local de Pontevedra.
Demandaba unha cantidade maior de salario ao entender que realizaba labores propios dos inspectores da Policía Local e, por tanto, debían contar con outra percepción salarial atendendo ao principio de igualdade.
O TSXG desestima o caso ao entender que esta situación non se produce de maneira continuada, senón só cando este persoal atópase como xefes de quenda, inferior ao 50% da xornada. A sentenza é definitiva e condena a 1.000 euros á parte demandante.
Tamén o xulgado contencioso administrativo número 3 de Pontevedra desestimaba a reclamación dos bombeiros de Pontevedra presentada contra a circular do Concello de Pontevedra no pasado mandato sobre a concesión de permisos e días de asuntos particulares para o corpo de bombeiros.
Atendendo á especifidad do servizo, o Concello establecía a non concesión de permisos deste tipo se o número de efectivos baixaba. Os reclamantes sinalaban que esa decisión podía impedir gozar deste dereito sindical e entendían que debía negociarse con todo o persoal cando a decisión afectase o cuadrante pola concesión destes servizos.
A sentenza dá a razón ao Concello ao entender que se trata dun servizo público e esencial e considera prioritaria a atención ás quendas de traballo para deixar o tempo de formación e asuntos propios para cando as circunstancias o permitan.
Relacionadas:
-
O xulgado obriga o Concello a indemnizar unha veciña de San Roque polas inundacións do seu semisoto
Por Redacción |
-
Cae nas escaleiras do Arquivo, denuncia ao Concello e o xuíz dille que foi por falta de atención
Por Manu Otero |
-
Indemnizan con máis de 7.500 euros unha muller que tropezou nun sumidoiro
Por Alejandro Espiño |
-
Obrigan ao Concello a pagar máis de 6.700 euros a unha muller que caeu na rúa Cervantes
Por Redacción |
-
O Concello indemnizará con 8.600 euros a unha veciña que caeu nunha fochanca
Por Redacción |