Lavado de cara para as pistas de tenis da Raña
Por Redacción
As pistas de tenis da Raña están a ser obxecto estes días dunha renovación.
Coa actuación, sinala o Concello de Marín, preténdese solucionar os problemas de deterioración que presentaba a instalación polo seu uso.
A empresa Bahía Park é a encargada dos labores de acondicionamento, que supoñen un investimento de 15.924,81 euros (IVE incluído) con cargo a unha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Trátase dunha mellora prevista na liña de actuación municipal para poñer a punto as súas instalacións deportivas coa idea de mellorar as súas prestacións e persimitir o seu uso por parte da cidadanía xa sexa para adestramento ou para lecer.