As praias de Sanxenxo van recuperando os seus socorristas tras o gromo de covid-19 e tan só A Lapa segue sen servizo
Por Redacción
O gromo de covid-19 detectado entre os traballadores do servizo de salvamento de Sanxenxo hai dúas semanas xa remitiu e nestes momentos xa todas a praia do municipio agás unha puideron recuperar o servizo de socorristas.
Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, o brote chegou a afectar ao 27% do persoal e deixou sen servizo de salvamento Area de Agra, A Lapa, Areas Gordas e Nosa Señora dA Lanzada. Este martes xa só queda A Lapa.
O brote de covid-19 provocou que non houbese socorristas suficientes para atender a todos os areais do municipio, de modo que se retirou e, por tanto, non se puideron izar as bandeiras azuis destes catro areais.
A elección destas praias sen servizo realizouse seguindo criterios estatísticos de afluencia e incidencias que se obtén cada tempada estival.
CRIBADO ENTRE A MOCIDADE
O Concello de Sanxenxo anunciou este martes que este próximo venres 30 de xullo realizarase un cribado poboacional de covid-19 a través do sistema de autocita.
O cribado está dirixido a persoas de entre 16 e 35 anos e realizarase na Sala Nauta de Sanxenxo durante todo o día, en horario de 9.00 a 20.30 horas
AULA PECHADA
Doutra banda, este martes confirmouse que unha serie de positivos en covid-19 na escola infantil municipal de O Tombo provocaron o peche dunha aula de 1-2 anos.
Detectáronse inicialmente o positivo de 2 nenos e da profesora e máis tarde dun terceiro alumno que estaba confinado polos casos previos. Ao resto de nenos e nenas realizaráselles unha proba PCR e terán que gardar corentena por ser contactos estreitos.
Relacionadas:
-
Sae a concurso o servizo de socorrismo en praias de Sanxenxo por 1,3 millóns
Por Redacción |
-
Os socorristas de Sanxenxo participaron en 5.402 intervencións durante os 68 días de servizo
Por Redacción |
-
Todas as praias de Sanxenxo con bandeira azul recuperan o servizo de socorrismo
Por Redacción |
-
Habilitado un punto de test covid no Porto Deportivo para favorecer o acceso seguro á hostalería
Por Redacción |
-
O Plan Concilia de Sanxenxo confina a 16 menores polo positivo dunha monitora
Por Redacción |
-
Soben os contaxios por covid entre os socorristas de Sanxenxo, con 27% do seu persoal de baixa
Por Diego Espiño |
-
A covid-19 deixa en cadro aos socorristas de Sanxenxo: dous positivos e nove confinados
Por Redacción |