As restricións da pandemia fan inviable un domingo da Peregrina con touros
Por Marisa Ciordia
As portas do coso de San Roque seguirán pechadas este próximo de agosto. Por segundo ano consecutivo, a afección pontevedresa e a turística que se achega ata as Rías Baixas, quedan sen festexos taurinos na semana das festas da Peregrina na capital.
Este martes, representantes da firma dos irmáns Lozano, con Eduardo á fronte, mantiñan unha reunión na Subdelegación do Goberno para coñecer as posibilidades de celebrar unha corrida de touros o domingo 8 de agosto, único festexo ao que aspiraba a organización. O marco legal vixente, isto é o DOG do 8 de xullo, - que reestablecía as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución epidemiolóxica derivada da covid-19 -, "resulta inamovible" e o seu cumprimento contravén os números da empresa.
Así, o aforo permitido para a celebración dun festexo na praza de touros estaría no 75%, cun máximo neste caso de mil persoas. Unha cifra que para os propietarios da praza fai "inviable economicamente" a apertura dos despachos de billetes; máxime se a evolución de contagios seguise en ascenso e fixese aumentar máis aínda a restrición de aforos.
Con este panorama, a empresa lamenta ter que renunciar á oferta dun cartel para a tarde do 8 de agosto - que xa estaría deseñado a tales efectos - e que se esfuma un ano máis na cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
RADIO.- As 'Conversas na Ferrería' falan un ano máis de afección e touros
Por Marisa Ciordia |
-
Propoñen que as administracións públicas merquen a Praza de Touros para actos sociais
Por Redacción |
-
Falece Pablo Lozano, un dos propietarios da praza de touros de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería chequean o sector taurino nesta situación pandémica
Por Marisa Ciordia |
-
Peregrina sen touros. Suspendida a feira taurina de Pontevedra
Por Ramiro Espiño |