Cortes de tráfico na rúa da Estación e en Uxío Novoneira
Por Redacción
As obras da estación de autobuses de Pontevedra obrigarán a pechar un carril de circulación da rúa da Estación o día 29 de xullo. Trátase do carril en dirección a Eduardo Pondal e Xosefina Arruti, aínda que esta restrición non afectará o transporte público.
O peche prodúcese pola necesidade de instalar unha canalización transversal na rúa para continuar coa reforma da estación de autobuses.
Non será o único corte que se produza estes días na cidade. O 1 de agosto pecharase ao tráfico a rúa Uxío Novoneira pola instalación dun guindastre de grandes dimensións no medio da rúa para dar servizo a unha obra nun inmoble desta vía.
A Policía Local ten elaborado un dispositivo de mobilidade na zona con desvíos por rúas adxacentes. O horario de peche será entre as 7 e as 20 horas. Durante ese período aplicarase un cambio de sentido circulatorio en cálelas Profesor Filgueira Valverde e Joaquín Costa para dar acceso ao centro da cidade.
Ademais prohibirase o estacionamento e retiraranse os vehículos aparcados nas rúas que cambian de sentido de circulación ata o final dos traballos.