Abre o período de exposición pública e alegacións á ordenanza de terrazas de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín dá un paso máis no seu cometido de actualizar a ordenanza de terrazas. Este documento regula a instalación de terrazas e veladores e "é fundamental para un sector clave como é a hostalaría e que tamén ten importancia para a estética das rúas de Marín e para a veciñanza en xeral", manifestan fontes municipais.
Desde o Consistorio marinense comunícase que xa está en marcha o período de exposición pública desta ordenanza de terrazas e animan á hostalaría da vila a participar para que a nova normativa "responda o mellor posible ás necesidades do sector".
Os cambios introducidos na ordenanza buscan tanto adaptarse á nova situación sanitaria, na que as terrazas están a ser o motor da economía da hostalería debido ás restricións de uso do interior dos establecementos, como axudar na procura dunha homoxeneización da estética do mobiliario urbano, de cara ás novas adquisicións que poidan realizar os hostaleiros, que terán unha marxe de dous anos para adaptar todos os seus elementos desde a aprobación definitiva da norma municipal.
O texto inicial foi levado a Pleno e desde o martes 27 de xullo está en exposición pública. Os interesados poderán realizar alegacións durante 30 días hábiles. O contido da ordenanza pode consultarse na sede electrónica do Concello de Marín seguindo a ligazón https://sede.concellodemarin.es/ e, unha vez dentro, ir á columna da dereita ao apartado "Taboleiro de anuncios".
Unha vez pase este período, estudaranse as alegacións. No caso de non recibir ninguna, a normativa aprobaríase de xeito definitivo.
Relacionadas:
-
A hostalería de Marín debe renovar a súa licenza antes do día 31 se quere manter a súa terraza
Por Redacción |
-
O Pleno municipal de Marín aprobará este xoves a nova ordenanza de terrazas
Por Oskar Viéitez |
-
Aberto o prazo para realizar achegas á nova ordenanza de terrazas
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Marín reúnese cos hostaleiros para informar da nova instrución de terrazas
Por Redacción |
-
Aprobada a instrución previa á ordenanza das terrazas de Marín
Por Redacción |
-
Marín inspecciona as terrazas para renovar as autorizacións de ocupación do espazo público
Por Redacción |