A veciñanza de Poio reciclou 7.000 toneladas de roupa no primeiro semestre do 2021
Por Redacción
Os veciños de Poio depositaron nos contedores que a Fundación Humana ten repartidos polo municipio máis de 7.000 toneladas de roupa no primeiros seis meses do ano. Unha cifra que supón un incremento do 64 % con respecto ao mesmo período do ano anterior e que servirá para dar unha segunda vida a estes residuos.
Esta recollida selectiva entre xaneiro e xuño equivale a 34.000 de prendas de roupa que serán reutilizadas ou recicladas cun fin social e ambiental posto que, segundo Humana, a recuperación destes residuos serviron para evitar a emisión de 24 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera só en primeiro semestre do 2021.
Pero os beneficios non son só ambientais. Ao depositar a roupa nestes contedores contribúese a crear emprego verde. Aseguran desde a Fundación que por cada 30.000 quilos de téxtil recollido xérase un posto de traballo indefinido. Ademais os recursos obtidos destínanse a proxectos sociais en países do sur relacionados coa formación do profesorado, o impulso da agricultura sostible ou a loita contra o VIH.