Vilaboa explota o interese turístico das Salinas do Ulló con visitas guiada en agosto
Por Redacción
O Concello de Vilaboa ofertará durante o mes de agosto visitas guiadas ás Salinas do Ulló para dar a coñecer este espazo do municipio e explotar o seu atractivo turístico.
As visitas serán de luns a venres en grupos reducidos e explicarán ás persoas asistentes como funciona un muiño de mareas, cal era a actividade na granxa das salinas ou cando deixou de funcionar e por que.
A actividade é de balde e é necesario inscribirse a través do número de teléfono 986708215 ou do correo electrónico turismo@vilaboa.org. O técnico de turismo facilitará as datas e horarios dispoñibles.
As Salinas son un Espazo Protexido pertencente á Red Natura 2000 e a visita incluirá un percorrido polo entorno, pola bancada das Salinas e os restos do muíño de mareas, un dos poucos existentes en Galicia, e a granxa das Salinas. Haberá tamén unha parada para gozar da vista das illas Alvedosas e da Ría de Vigo.
Esta iniciativa da Concellaría de Cultura e Turismo busca consolidar Vilaboa como destino turístico e ofrecer unha alternativa de ocio aos potenciais visitantes e a todos aqueles que escollen este municipio rural para gozar duns días de descanso, xa que a ruta permitiralles coñecer a historia do concello e gozar da beleza e singularidade do lugar.
Relacionadas:
-
Vilaboa presentará o día 21 os resultados do estudo de realidade aumentada das Salinas do Ulló
Por Redacción |
-
Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vencelladas ás Salinas do Ulló
Por Redacción |
-
Múltiples iniciativas na comarca para conmemorar o Día Mundial de Medio Ambiente
Por Redacción |
-
Atraer visitantes, obxectivo da estratexia de dinamización turística do Concello
Por Redacción |
-
Un código QR recreará a actividade e as instalacións das Salinas do Ulló
Por Redacción |