Destinan 635.000 euros a mellorar estradas que pasan por Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Sanxenxo ou Cambados
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 635.000 euros unha serie de obras que van permitir a mellora do firme en seis estradas autonómicas que pasan por oito concellos da provincia de Pontevedra.
Os traballos consistirán no acondicionamento da capa de rodadura das estradas PO-214, PO-221, PO-222, PO-223, PO-233 e PO-303, ao seu paso polos concellos de Pontecesures, A Estrada, Moraña, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Sanxenxo, Meaño e Cambados.
Segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, as obras adxudicáronse á empresa Construcciones Obras e Viais (COVSA) e suporán mellorar o firme e tamén o pintado das marcas lonxitudinais do eixe e bordo da calzada e a reposición de pasos de peóns.
Os traballos comezarán na segunda quincena de agosto e terán un prazo de 4 meses.