O primeiro treito da vía que une Carballedo e Caroi pasa a mans municipais
Por Redacción
O Consello de la Xunta aprobou este xoves o decreto que permite o cambio de titularidade a favor do Concello de Cerdedo-Cotobade do tramo inicial da estrada provincial EP-0401 que une Carballedo con Caroi.
Esta decisión vén precedida do convenio asinado entre Cerdedo-Cotobade e a Deputación de Pontevedra para que desde o goberno local solicitásese este cambio de titularidade e que foi aprobado polo executivo autonómico a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Trátase dun tramo de 450 metros lineais da estrada EP-0401, no núcleo da Chan. A partir do día seguinte á publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia, o Concello será a administración competente para actuar nesta vía e asumir a responsabilidade da súa conservación e mantemento.