O Concello de Cerdedo-Cotobade continúa a instalación de luces de led en San Martiño
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade continúa coa renovación da iluminación pública no lugar de San Martiño, Cerdedo. A substitución, que levan a cargo operarios municipais, conleva a instalación de lámpadas led para remplazar ás luminarias existentes ata o de agora.
Na contorna da igrexa e do cemiterio mantense a estética dos farois isabelinas, adaptándoas ás novas tecnoloxías que permiten reducir o consumo eléctrico, as emisións de CO2 e mellorar a capacidade lumínica.
"Estamos moi concienciados da importancia de ir avanzando por este camiño ata que completemos toda a rede de iluminación púbico no noso concello" sinalo o alcalde Jorge Cubela.
Neste caso o investimento está a realizarse con fondos propios; aínda que no proxecto de mellora da iluminación pública noutros puntos do municipio tamén se está contando con axudas de organismos como o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, ou a Deputación Provincial a través de Fondos Feder.