Rescatan unha embarcación con cinco tripulantes e o motor avariado entre Major e Montalvo
Por Redacción
O Servizo Local de Xestión de Emerxencias Sanxenxo realizou na noite deste xoves un rescate marítimo dunha embarcación con cinco tripulantes que navegaba pola zona de costa entre as praias de Major e Montalvo.
A embarcación sufriu unha avaría do motor e quedou sen máquina, de modo que tivo que ser remolcada a terra, segundo a información oficial facilitada polo Concello de Sanxenxo.
Nos labores de rescate, o servizo de Emerxencias de Sanxenxo actuou en coordinación con Salvamento Marítimo e co Real Club Náutico de Sanxenxo. Así, a embarcación avariada foi remolcada coa axuda dunha embarcación do Club Náutico.
O 112 Galicia deu aviso do ocorrido sobre as 21.30 horas da noite deste xoves e, tras o rescate, púidose constatar que os cinco tripulantes atopábase ben de saúde.