A BRILAT duplicou este mes de xullo os seus rastrexadores telefónicos de covid-19
Por Redacción
Ata sesenta efectivos da BRILAT e da Armada están activos a peche de xullo en Galicia no marco da 'Misión Baluarte'. Unha operación militar que presta o seu apoio á sociedade para paliar os efectos da crise sanitaria provocada pola covid-19.
Estes efectivos, que traballan como rastrexadores telefónicos, duplicáronse na última semana e no que respecta a os militares do Exército de Terra. O pasado 12 de xullo realizaban estas funciones vinte rastrexadores da BRILAT e outros vinte da Armada; un día despois incorporáronse dez máis entre os primeiros e outros dez o pasado 26 de xullo.
O persoal militar, que conta coa formación necesaria para estes labores, contactan con persoas que deron positivo en covid-19, interesándose polo seu estado de saúde, acceso a medicación e alimentación, se son persoas de risco ou para identificar contactos recentes desde que presentaron síntomas ou desde a confirmación do positivo. Encárganse igualmente de seguir contactos que, sendo negativos, deben cumprir a corentena domiciliaria. Ademais, esta semana tambén faise seguimento das variantes de Arxentina, Bolivia, Colombia e Namibia.
Dos 5 millóns de chamadas que levan realizadas ata o de agora as diferentes Unidades de Vixilancia Epidemiolóxica, a de Galicia contabiliza ata millón e medio de chamadas. No caso da BRILAT conta con cincocentos efectivos preparados para estes fins de rastrexadores telefónicos.
Relacionadas:
-
A Brilat desprégase en Turquía
Por Redacción |
-
RADIO.- Rastrexadores do Exército: "a final de xuño a media diaria era de dúas ou tres mil chamadas e a pasada fin de semana chegouse a once mil"
Por Marisa Ciordia |
-
O aniversario máis solidario da Brilat
Por Redacción |
-
A Brilat, recoñecida coa gravata da Orde de Isabel a Católica polo seu papel durante a pandemia
Por Redacción |
-
Nin a pandemia se interpón no idilio entre a Brilat e a campaña Antártica
Por Redacción |