A Audiencia condena un vilagarcián por catro dos sete delitos contra a súa parella dos que se lle acusaba
Por Redacción
A sección cuarta da Audiencia Provincial ditou sentenza en relación ás dúas vistas orais que sentaron no banco dos acusados a un veciño de Vilagarcía, con nome de pila Francisco e que foi condenado a catro anos e un mes de prisión polos delitos de lesións, coaccións, delito continuado de ameazas leves e malos tratos habituais cara á súa parella.
Ademais se lle prohibe a comunicación por calquera medio e aproximarse á vítima durante dez anos e medio, así como a privación do dereito á tenencia e porte de armas durante oito anos e oito meses.
Inicialmente o agora condenado enfrontábase a sete delitos: malos tratos habituais, lesións, coaccións, ameazas graves, furto, acoso e abusos sexuais con penetración. Durante o xuízo só recoñecía que podía ser autor dun delito de lesións.
Considérase probado que durante os oito anos que durou a relación sentimental entre a vítima e o agresor, el "insultábaa, menosprezaba e ameazaba, chegando a agredila fisicamente”. Estímase que a declaración prestada pola muller carece de "incredulidade subxectiva" e considera que non se acreditou “motivo algún que permita negar ou restar credibilidade á súa versión”.
Relacionadas:
-
RADIO.- Falamos de malos tratos psicolóxicos, "da forza da voz para facer dano"
Por Marisa Ciordia |
-
Visto para sentenza o xuízo contra un vilagarcián acusado de sete delitos contra a súa parella e que só recoñece un
Por Natalia Puga |
-
Un acusado de malos tratos habituais, acoso e abusos á súa parella sostén a súa inocencia: "nunca la obligué a nada"
Por Natalia Puga |