Niveis de ocupación hoteleira no mes de xullo similares a antes da pandemia

Por Redacción

© Cristina Saiz

© CETS

© Deputación de Pontevedra - Arquivo
O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) fixo pública a porcentaxe de ocupación durante este mes de xullo na vila turística. Esta porcentaxe sitúase nun 74,8%, similar ao que se obtivo en xullo do ano 2019, antes da irrupción da pandemia.
A cifra atópase 25 puntos por encima dos datos rexistrados durante o verán de 2020. Atendendo á tipoloxía de aloxamento, os visitantes prefiren os apartamentos (86%) e cámpings (77%) para pasar días no municipio, seguido por hoteis (71%).
Para o presidente do CETS, Alfonso Martínez, o dato ten especial relevancia debido á inestabilidade meteorolóxica que acompañou ao mes e as restricións sanitarias que se manteñen no Concello durante a quinta onda da pandemia.
Para Martínez hai que considerar "un éxito do sector hostaleiro esta cifra de ocupación" e destacou a profesionalidade, capacidade de traballo e calidade da oferta para manter a Sanxenxo como líder en turismo vacacional na franxa norte peninsular.
PREOCUPACIÓN NOS LOCAIS DE HOSTALERÍA
Pola contra, os datos para a hostalería son preocupantes, segundo o CETS. As últimas restricións sanitarias derivadas dos incrementos de contaxios, provocaron que as expectativas de salvar o ano coa facturación do verán quedaran en nada.
Alfonso Martínez demanda das administracións medidas de apoio para o sector de locais de hostalería para soster a este tecido empresarial. Pide diálogo entre a Xunta, Deputación e municipio para atender ás necesidades do sector.
Tamén reclama a promoción da marca Sanxenxo en marcos nacionais e internacionais, asociándoa a valores de excelencia e seguridade sanitaria, e centrándose en mercados tan importantes como o estatal ou o portugués.
Relacionadas:
-
Habilitan espazos para realizar xestións relacionadas coa covid en nove localidades da área sanitaria
Por Redacción |
-
Todas as praias de Sanxenxo con bandeira azul recuperan o servizo de socorrismo
Por Redacción |
-
Habilitado un punto de test covid no Porto Deportivo para favorecer o acceso seguro á hostalería
Por Redacción |