Teresa Táboas, seleccionada para integrar o Consello da Unión Internacional de Arquitectos
Por Redacción
A prestixiosa arquitecta Teresa Táboas converteuse en integrante do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1 na vixésimo oitava Asemblea Xeral desta organización. O seu mandato prolongarase ata 2023.
Entre 1999 e 2003 foi presidenta da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e en 2003 saía elixida como primeira muller presidenta-decana do COAG.
O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) encargouse de presentar a candidatura da arquitecta nada en Ciudad de México pero residente durante gran parte da súa vida en Pontevedra.
Compartirá este Consello UIA con Carmela Cannarella (Italia), Eric Wirth (Francia) e Regina Gonthier (Suíza). A Unión Internacional de Arquitectos é unha organización internacional non gobernamental que une ás federacións nacionais de arquitectura. Os seus obxectivos céntranse en promover unha arquitectura de calidade para o ben público e aumentar a mobilidade entre países do ensino de valores arquitectónicos.
Actualmente, Teresa Táboas é unha das integrantes do Consello Asesor do Museo de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A arquitectura galega distingue a traxectoria profesional de César Portela
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tres proxectos de Pontevedra, finalistas aos premios dos arquitectos galegos
Por Redacción |
-
O Pazo Baión acollerá a entrega de premios do Colexio de Arquitectos de Galicia
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra fai balance do seu primeiro ano con Consello Asesor
Por Redacción |
-
Sete especialistas para un Consello Asesor que afaste ao Museo Provincial dunha dirección "excesivamente personalista"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |