Vaipolorío recolle 120 quilos de lixo na primeira xornada de limpeza do Gafos neste agosto
Por Redacción
15 persoas sumáronse este domingo á primeira xornada de limpeza do río Gafos atendendo á chamada de Vaipolorío á cidadanía para participar nestas accións anuais que chegan ao seu 21 aniversario e nas que tamén colabora a Asociación Juan XXIII.
Nesta ocasión, segundo informa a asociación ecoloxista retiráronse 120 quilos de lixo, a metade da recollida hai un ano na primeira xornada. Destacan a presenza de máis de 40 quilos de residuos de vidro atopados no fondo do río.
Desde Vaipolorío seguen facendo un chamamento á participación nestas tarefas de conservación do medio natural e positivas para a cidade durante todos os domingos de agosto. Lembran principalmente á xente máis nova a necesidade de apoiar estas propostas e mostrar o seu compromiso coa natureza.
Para apuntarse é necesario chamar antes dos venres ao teléfono 676.842.942 e levar botas altas e roupa axeitada para realizar a recollida do lixo.
Relacionadas:
-
Retiran 220 quilos de lixo do río Gafos nunha nova xornada de limpeza de Vaipolorío
Por Redacción |
-
Vaipolorío retira 70 quilos de lixo do leito do Gafos
Por Redacción |
-
Recuperan con graffiti un muro degradado e a denominación Menexo do río Gafos
Por María José Pita |
-
Vaipolorío amosa o seu "malestar" porque o Concello ten "medio esquecido" o ENIL do Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío esmérase no coidado do muíño e a presa do río Toxal
Por Oskar Viéitez |