Realizan obras de control da biomasa nas marxes da PO-308 para crear cortalumes
Por Redacción
Este luns continuarán os traballos que está a desenvolver a empresa pública Seaga na estrada PO-308 no municipio de Sanxenxo. Trátase dun dos traballos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ordenou a Seaga para controlar a biomasa situada nas marxes das vías autonómicas das catro provincias.
Con esta actuación quérese actuar de maneira preventiva ante a posibilidade de incendios forestais e reforzar a seguridade viaria. A Xunta destina a estas actividades en estradas de distintos puntos de Galicia preto de 1,5 millóns de euros.
As accións buscan que exista unha ruptura da continuidade horizontal e vertical de biomasa, de forma que as estradas actúen con efecto "cortalumes".
Os traballos tamén serven para eliminar árbores que corren o perigo de desprenderse e caer sobre a calzada en caso de temporal, evitando tamén que molesten a peóns e ciclistas, á vez que se aumenta a visibilidade na estrada e tamén provocan que os xabarís e outras especies se afasten da vía.
O conxunto de traballos realizados no marco do contrato, renovado pola administración autonómica coa empresa pública Seaga para os próximos doce meses, completan os que se realizan durante todo o ano polos servizos ordinarios de conservación de estradas da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Os montes de Sanxenxo contarán por primeira vez cun plan de prevención contra incendios
Por Redacción |
-
VIDEO.- A Unidade Militar de Emerxencias desprégase en Figueirido
Por Redacción |
-
Unha nova vía eliminará un punto negro de tráfico na PO-308 entre Areas e O Sear
Por Redacción |
-
Acondicionan a zona verde da estrada PO-308 entre Sanxenxo e A Lanzada
Por Redacción |
-
Feijóo sinala como exemplo de mobilidade segura ás sendas da PO-308 entre Poio e Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |