Da Ferrería a todos os camposantos da comarca
Por Redacción
ÿ un dos principais mercados de flores da provincia e cada 31 de outubro atrae ata a Praza da Ferrería a centos de pontevedreses. Este ano non podía ser doutra forma e dende primeira hora da mañá medio cento de postos ofrecen aos pontevedreses ramos e centros para ornamentar os camposantos polo Día de Defuntos.
De madrugada marcáronse os espacios, ás seis da mañá xa había vendedores amañando os seus postos e dende primeira hora da mañá non deixaron de acudir clientes. O tradicional mercado de flores ofrece unha estampa de cores e variedades. De crisantemos a orquídeas e rosas.
Non faltou ningunha modalidade e non faltou ningún dos vendedores que habitualmente se adican a este negocio tanto na feira de Pontevedra como na Praza de Abastos e nos distintos camposantos da comarca. Da Ferrería sairán hoxe as flores coa que os pontevedreses rindirán tributo aos seus no Día de Defuntos 2012.
O Concello e as floristas que venden habitualmente na Praza de Abastos tamén volven colaborar en Vilagarcía para organizar unha nova edición do Mercado das Flores. ÿ baixo unha carpa que permanece aberta do día 30 de outubro ao 1 de novembro en horario ininterrompido de nove da mañá a nove da noite na zona peonil anexa á Rúa Vista Alegre.
As propias vendedoras organizáronse para aglutinar a súa actividade en seis postos, dous nos que se ofertarán as flores de colleita propia e catro para as das floristas. Deste xeito trátase de crear un ambiente máis acolledor, amparar dos elementos climatolóxicos a vendedores e clientes e ofrecer unha imaxe máis organizada e profesional do sector nunhas datas nas que se rexistran as maiores ventas do ano.