Tino Fernández cualifica de "patéticas" as declaracións do PP sobre a elaboración dun Plan Estratéxico para Pontevedra
Por Redacción
O tenente de alcalde Tino Fernández e portavoz socialista no goberno local lamentaba as declaracións realizadas polo Partido Popular sobre a elaboración dun Plan Estratéxico para Pontevedra en convenio coa Zona Franca de Vigo.
Fernández sinala que estas declaracións son "patéticas" e só se entenden se son froito dun golpe de calor que anubrou o entendemento de Rafa Domínguez, portavoz do PP na corporación municipal. Lembra que un ente como a Zona Franca, depende do Ministerio de Facenda e non do Partido Socialista.
Nese sentido ataca aos populares sinalando que están afeitos confundir as estruturas do partido coas institucións. "Aínda que o ladrón o pense, non todos somos da súa condición", indicou o tenente de alcalde.
O representante socialista sinala que desde a concellería de Promoción Económica está a facerse un importante labor para potenciar a actividade económica con cursos, campañas e eventos, ademais das promocións turísticas.
Tino Fernández pregúntase que fixo e que fai a Xunta de Galicia, responsable de emprego, e afirma que a administración autonómic non fixo unha soa acción resaltable. Indica que "agora vén o señor Domínguez de mamporrero a criticar aos que facemos cousas" e lembra que durante 7 anos Teresa Pedrosa foi delegada da Zona Franca e "ademais de ser do PP é veciña de Pontevedra" e "non consta que se preocupase o máis mínimo por esta cidade. Estivo e está absolutamente abandonada polo PP. Se cadra molesta que esteamos a lle sacar as cores a unha xestión nefasta para o noso concello por parte dos gobernos presididos por Mariano Rajoy", remarcou o portavoz do PSOE local.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio e Zona Franca elaborarán un plan estratéxico para o municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Zona Franca analizará a economía de Arousa e O Salnés para propoñer unha folla de ruta na saída da pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
O PP considera que o plan estratéxico para a cidade chega tarde e critica que se faga con Zona Franca de Vigo
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra e Zona Franca elaborarán un plan estratéxico para a capital e a súa área
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |