Comeza a mellora nos accesos aos colexios da Lomba para convertelos nun "camiño escolar seguro"
Por Oskar Viéitez
A empresa Covsa acaba de iniciar as obras de retranqueo do muro da rúa Xunqueira, que dá acceso a tres centos educativos emprazados na Lomba: o propio CEIP A Lomba, o CEIP Arealonga e a Escola Infantil Vagalume.
Con esta actuación, a rúa gaña dous metros máis de ancho e, polo tanto, tamén seguridade. A concelleira de Mobilidade, Paola María, asistiu ao inicio das obras, xunto con técnicos municipais e da empresa adxudicataria.
O investimento é de algo máis de 41.000 euros. Tanto o concello como a empresa quixeron apurar prazos para que a reforma estea lista para o comezo das clases, en setembro.
Con todo, a de agora non é máis que unha primeira fase do que realmente pretende facer o Concello nesta zona tan transitada.
Así pois, unha vez desprazado o muro e gañados eses dous metros, a seguinte fase consistirá en converter o vial nun "camiño escolar seguro", para o que xa se presentou o proxecto ao Plan MOVE, que conta con fondos europeos, con independencia de que o concello dispón doutro tipo de financiación, propia e allea, para levalo adiante.
Os camiños escolares seguros facilitarán o acceso a pé, en bicicleta e tamén en coche, con zonas de paradas rápidas e específicas, coñecidas como "bico e vai!", para aqueles que deben levar ao cole aos seus rapaces.
Relacionadas:
-
A Escardia e o Anexo A Lomba súmanse aos camiños escolares seguros en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Stop Accidentes ofrecerá apoio técnico para poñer en marcha o primeiro Camiño Escolar Seguro na Lomba
Por Redacción |
-
Vilagarcía suma 14 'aparcabicis' con capacidade para unhas duascentas bicicletas
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez visita as obras na Escola Infantil de Tenorio
Por Redacción |