Cuntis mantén as súas festas patronais
Por Redacción
O municipio de Cuntis celebra dende o sábado 14 ata o vindeiro domingo 18 de agosto as súas festas patronais na honra a Santa María, así como celebracións polas onomásticas de San Roque, Nosa Señora do Carme e San Antón.
Os actos relixiosos contarán este ano con misa cantada na Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis os días 15, 16, 17 e 18 ás 12:30 horas combinándose ao longo destas cinco xornadas con animadas propostas lúdicas que inclúen concertos, animación infantil e outras propostas que aseguran a diversión de veciños e visitantes na vila termal respetando sempre o protocolo Covid-19.
Este ano resulta un ano complicado debido a pandemia, sen embargo, o Concello tomou as rendas deste evento tras disolverse a comisión de festas que organizaba habitualmente a celebración. O seu obxectivo é confeccionar un programa de actos que permitan manter a tradición pero sempre mantendo as medidas de seguridade fronte a Covid-19.
A celebración arrinca o sábado 14 de agosto ás 21:00 horas coa actuación musical de Manoele de Felisa con "Cancioneiro do camiño" na Praza da Constitución.
O domingo día 15 comezará ás 11:30 horas cun pasarrúas a cargo da Agrupación Folclórica "Hai que roelo" e o desfile de cabezudos. Ás 12:30 horas oficiarase a misa cantada en honra á patroa de Cuntis. Ás 13:30 horas será a quenda da Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas) na Praza de Ferrol. Xa pola tarde, o programa renóvase ás 19:00 horas co Teatro familiar Rilo e Penadique "O Pozo das señoras" na Praza de Ferrol. Pola noite ás 21 horas será a actuación musical "Budiño - Fulgor" (MUSIGAL) na Praza da Constitución.
O luns 16 comezará cun pasarrúas ás 11:30 horas coa Agrupación folclórica "Hai que roelo" . Ás 12:30 horas oficiarase a misa cantada na honra a San Roque. Ás 13:30 a Banda de Música Unión Cultural Campo Lameiro na Praza de Ferrol e a partir dás 19, Espectáculo familiar "Culturactiva - Desconcerto" na Praza de Ferrol. Finalizará o día ás 21 horas coa actuación musical "Jorge Menéndez Quartet - tributo a Manolo García, Sabina, Miguel Ríos e Música dos 80´s" na Praza da Constitución.
A xornada do martes 17, día en honra ao Carme, arrinca ás 11:30 horas co Pasarrúas da "Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis". Ás 12:30 horas celébrase a misa cantada pola Nosa Señora do Carme. Os actos da tarde comezan ás 19 horas co espectáculo de narración oral "Raquel Queizás - Travesías" (ANEDIA) na Praza de Ferrol e remata ás 21:00h coa actuación musical "Grupo Tekila" na Praza da Constitución.
O mércores 18, xornada en honra a San Antón, comezará ás 11:30h Pasarrúas "Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis". Ás 12:30 horas oficiarase a misa cantada na honra a San Antón. Ás 13:30 horas a Banda de Música Unión Musical Tenorio na Praza de Ferrol. Pola tarde será a quenda ás 18 horas do Maratón Popular San Antón que continuará co espectáculo familiar "Circo Chosco - OH PERA" na Praza de Ferrol ás 19 horas e finalizará coa actuación Musical "Grupo América de Vigo" na Praza da Constitución ás 21 horas.