O caracol xa é comida típica en Cotobade
Por Diego Torrado
O caracol vai camiño de converterse nun dos pratos típicos da gastronomía de Cotobade.
Este domingo celebrouse a cuarta edición da Festa do Caracol na parroquia de Santa María de Sacos con grande aceptación por parte do público das dúas modalidades de comida preparadas, ao alioli e á biscaíña.
A degustación comezou a partir das 11.00 horas. Cada porción inclúe un prato de caracois (ao alioli ou á biscaíña) con pan e viño ou auga a un prezo de 7 euros, todo iso para tomar nunha carpa que tamén se dotou de servizo de bar, churrasco, callos e aparcadoiro gratuíto.
A relación entre Cotobade e o caracol nace dende a instalación dunha empresa, Caracoles del Gallo, que exporta entre 9 e 12 toneladas o ano.
Dende hai catro anos, a asociación de Amigos do Caracol organiza unha festa gastronómica dedicada exclusivamente a este produto.