A presentación mundial do Volkswagen Golf 7, principal atractivo da XV edición de Pomóvil
Por Alejandro Espiño
Doce concesionarios, 150 modelos de automóbiles diferentes e un orzamento de 30.000 euros. Son os principais datos da XV edición de Pomóvil, o Salón do Automóbil de Pontevedra, cuxa modalidade de coche novo, terá lugar os días 2, 3 e 4 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra. A fin de semana seguinte, os días 9, 10 e 11 de novembro, Pomóvil celebrará a modalidade do coche usado e de ocasión.
O principal atractivo da feira será, segundo anunciou o seu director, Bernardo Acevedo, que Pontevedra acollerá a presentación mundial do Volkswagen Golf 7, a sétima xeración do coñecido vehículo alemán que se lanzará oficialmente a próxima semana. "Es algo novedoso, porque Volkswagen siempre presenta en Alemania y luego un mes después está disponible en todo el mundo, y esta vez lo veremos antes aquí", explicou.
Os concesionarios que xa confirmaron a súa participación nas dúas edicións de Pomóvil son: Opel Aelsa, Vepersa (Audi e Volkswagen), Ibericar Gestoso (Toyota e Renault), Celta Motor (BMW e Mini), Mourente Motor (Ford e Suzuki), Detroit Movil (Subaru e Cadillac), Mara Poio (KIA), Nissan Ropisa (Nissan), Honda Chevrolet, Talleres Valiñas e o establecemento de motos Factory Bike. Son, segundo a Cámara, o 90% das marcas de coches que circulan polas estradas españolas.
A premura coa que se organizou Pomóvil non impedirá que sexa unha feira "digna", segundo os seus organizadores. "Hemos conseguido estar en la parrilla de salida, con un coche con garantías y ahora nos queda la carrera, en la que esperamos contar con mucho movimiento de público y el esfuerzo del sector", indicou Bernardo Acevedo. O obxectivo será superar os 120 coches vendidos, os 1.500 contactos e os máis de 9.000 asistentes do ano pasado.
"Esperamos que esta feria sea digna y muy exitosa", asegurou José Manuel Seoane, vicepresidente segundo da Cámara de Comercio de Pontevedra. Ese éxito, dixo, estará baseado no traballo dos concesionarios, xa que "sin su participación no sería posible la feria". Afirma que é un bo escaparate para un sector "que lo está pasando mal" e do que destacou a súa importancia. "Genera el 6% del PIB nacional y el 17% de las exportaciones".
En todos os casos, estes empresarios presentarán en Pomóvil os seus últimos modelos e as mellores ofertas que existen no mercado, para calquera persoa interesada en comprar coche. ÿ unha oportunidade única, din, non só porque a maioría ten conxelada a subida do IVE, senón porque saben do aforro que supón para o cliente o Plan PIVE que contempla a concesión de axudas de 2.000 euros (1.000 euros aportados polo Goberno e outros 1.000 polo fabricante) para cada compra de automóbiles eficientes.
Á marxe do salón expositivo, os organizadores xestionaron unha serie de actividades complementarias e paralelas, que buscan, como primeiro obxectivo, achegar ata o recinto ferial ao maior número de persoas. Entre elas, un simulador de carreiras de Fórmula 1, unha gardería para os máis pequenos e eventos relacionados coa seguridade viaria.
Pomóvil inaugurarase este venres ás 16:00 horas. O primeiro día estará aberto ata as 21.00 horas. O horario de sábado e domingo será de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. A entrada ao Salón do coche novo será de balde e a de coche usado e de ocasión custará un euro por persoa.
Relacionadas:
-
Pomóvil abre as súas portas
Por Redacción |
-
O Twizy, principal reclamo de Pomóvil
Por Redacción |
-
A Cámara adxudica a dúas empresas pontevedresas a organización de Pomóvil e Ferpalia
Por Redacción |
-
Pomovil en novembro e Ferpalia en decembro, plans da Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
Ferpalia e Pomóvil sortean a crise e manteranse no calendario feiral de Pontevedra no 2012
Por Redacción |