A Deputación e o Náutico de San Vicente lanzan o ciclo de concertos "Momentos Rías Baixas"
Por Manu Otero
A Deputación de Pontevedra alíase co Náutico de San Vicente para elevar a aposta do emblemático local do Grove pola música en directo nun espazo natural e privilexiado. Entre o 10 e o 14 de agosto, nas instalacións que dirixe Miguel de la Cierva, celebraranse dous concertos segredos ás 13 e ás 20 horas cada día.
O ciclo Momentos Rías Baixas foi presentado este venres pola presidenta Carmela Silva xunto ao responsable do Náutico. A decisión de non desvelar o nome dos artistas pasa por manter o factor sorpresa, evitar aglomeracións e, ao mesmo tempo, elevar a asistencia aos concertos de artistas emerxentes, explicou de la Cierva.
Pola súa banda, Carmela Silva explicou que a colaboración do ente provincial con esta iniciativa enmárcase "nosa liña de apoio a iniciativas de turismo de emocións, multiexperiencial e sustentable, como é o do Náutico, que une a nosa marca turística coa cultura musical, os recursos naturais, e a gastronomía, e que nos posicionan como un turismo único e diferenciado".
O responsable do Náutico explicou tamén que traer ás Rïas Baixas a artistas de talla nacional serve tamén para promocionar o turismo. "Os propios artistas convértense en prescriptores turísticos nas súas redes sociais e o propio Náutico coas nosas publicacións, sendo así actores prolíficos da natureza e dos valores do territorio", dixo de la Cierva.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno celebrada este venres no Pazo Provincial serviu tamén para aprobar a concesión dun millón de euros do Plan Concellos a diversos municipios, entre eles Meis, Marín e Bueu. Este último recibirá 350.000 euros para a mellora enerxética e ampliación do pavillón, ademais dun proxecto de axardinamento do antigo cemiterio. Marín recibirá 159.000 euros para rehabilitar un depósito de auga e Meis, 202.000 euros para saneamento.
Doutra banda, a presidenta deu conta dos resultados da campaña promocional en redes sociais e medios dixitais da Deputación, que no mes de xullo alcanzou un total de 5,4 millóns de impactos.
Relacionadas:
-
Reencontro en El Náutico de San Vicente: Leiva e Rubén Pozo 'reviven' a Pereza por un día
Por Redacción |
-
Concerto sorpresa de Jorge Drexler no Náutico de San Vicente
Por Redacción |
-
A ocupación hostaleira rompe os prognósticos de xullo ao situarse nun 65 %, 17 puntos por encima do esperado
Por Manu Otero |
-
El Náutico e Pepe Solla alíanse para maridar música e gastronomía no Grove
Por Alejandro Espiño |
-
O Náutico de San Vicente do Grove continúa coa súa dobre proposta diaria de directos
Por Redacción |