Caen a 2.331 os casos activos de covid na área sanitaria, con 31 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén este sábado 7 de agosto a tendencia descendente na afectación da pandemia.
Segundo as cifras que ofrece Sanidade, a área pontevedresa conta con 2.331 casos activos, o que supón unha redución de 88 con respecto ao venres. Este descenso ten a súa base no elevado número de altas epidemiolóxicas, 157, que superan de largo os 69 novos contaxios detectados.
En canto aos ingresos hospitalarios, redúcense en dous para un total de 31 persoas. Delas 24 atópanse nunha planta de hospitalización repartidas entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (19), o Hospital do Salnés (3) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2). Ademais sete afectados evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo (sen cambios).
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 17.394 pacientes da área sanitaria, rexistrándose 190 falecementos de persoas con positivo activos, a última este venres unha muller de 85 anos no Hospital do Salnés.
Nas últimas 24 horas realizáronse 418 probas PCR.
Relacionadas:
-
Soben en cinco as hospitalizacións por covid nun día, con 27 ingresados en planta e sete na UCI
Por Diego Espiño |
-
Balance de coronavirus na área sanitaria ao 8 de agosto: 2.186 casos activos e 29 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
Falece en Montecelo un home de 91 anos positivo por covid, a vítima 191 desde o inicio a pandemia
Por Diego Espiño |
-
Unha muller de 85 anos convértese no falecemento 190 de pacientes covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
339 persoas superaron o coronavirus nas últimas 24 horas na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
34 persoas permanecen ingresadas con covid-19 nos hospitais da área sanitaria
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Descende en 8 pacientes o número de persoas ingresadas por covid na área sanitaria
Por Redacción | Creada e actualizada