Falece en Montecelo un home de 91 anos positivo por covid, a vítima 191 desde o inicio a pandemia
Por Diego Espiño
A Consellería de Sanidade notificou este sábado tres novos falecementos en Galicia de persoas diagnosticadas de coronavirus.
Unha delas, un home de 91 anos, atopábase ingresada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e faleceu o venres día 6, confirma o Sergas.
Con este caso as mortes de persoas positivas por covid na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés ascenden a 191 desde o inicio da pandemia.
Ademais Sanidade informa do falecemento dun home de 95 anos e doutro de 87 anos, ambos os dous no Hospital de Verín, todos eles con patoloxías previas.
En Galicia perderon a vida 2.492 persoas con positivo activo en coronavirus.
Relacionadas:
-
Os casos activos de covid seguen en descenso pero a UCI de Montecelo sobe a súa ocupación ata os 8 ingresados
Por Diego Espiño |
-
Soben en cinco as hospitalizacións por covid nun día, con 27 ingresados en planta e sete na UCI
Por Diego Espiño |
-
Balance de coronavirus na área sanitaria ao 8 de agosto: 2.186 casos activos e 29 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
Caen a 2.331 os casos activos de covid na área sanitaria, con 31 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
Unha muller de 85 anos convértese no falecemento 190 de pacientes covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
339 persoas superaron o coronavirus nas últimas 24 horas na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
34 persoas permanecen ingresadas con covid-19 nos hospitais da área sanitaria
Por Redacción & Mónica Patxot |