Perfecto Rodríguez visita as obras na Escola Infantil de Tenorio
Por Redacción
A Xunta de Galicia financia obras de mellora e de mantemento na escola infantil de Cotobade-Tenorio por 22.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde do municipio pontevedrés, Jorge Cubela, visitou este mércores o centro, pertencente á rede pública autonómica.
Perfecto Rodríguez explicou que estes traballos estarán listos en setembro, coincidindo co inicio do novo curso escolar, pois do que se trata "é de que as familias e os seus nenos continúen desfrutando dunhas instalacións de calidade e en bo estado".
Con este obxectivo, levaranse a cabo tarefas de limpeza e de pintado; colocaranse novos pavimentos e revisarase a carpintería de aluminio. Ademais, actuarase en espazos exteriores do centro, co cambio do céspede ou o arranxo da zona de xogos; e eliminarase a división física actual que hai entre a zona de sono e unha aula.
O xerente do Consorcio indicou que estas melloras foron postas en común coa comunidade educativa e contan coa supervisión dos servizos técnicos do Consorcio e municipais. A execución dos traballos correrá a cargo do Concello e serán financiados polo ente autonómico mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar á Administración local por este servizo público.
Cerdedo-Cotobade conta con dúas escolas infantís da rede pública autonómica: Tenorio e Cerdedo. A primeira iniciará o curso con 43 matriculados e a segunda, con 15.
Relacionadas:
-
A Xunta investiu máis de 47.000 euros na renovación da escola infantil de Campolongo
Por Redacción |
-
Finalizan as obras as obras na escola infantil de Tenorio ás portas do novo curso
Por Redacción |
-
As escolas infantís da Xunta manterán os grupos burbulla e permitirán deixar os carriños no centro
Por Redacción |
-
O BNG considera "insuficiente" a actuación do Concello de Marín na defensa da Escola Nosa Señora do Carme
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a mellora nos accesos aos colexios da Lomba para convertelos nun "camiño escolar seguro"
Por Oskar Viéitez |
-
As obras na escola infantil de Campo Lameiro remataranse antes do inicio do curso
Por Redacción |