Mellora o saneamento en Cuntis coa eliminación da depuradora de A Louriña
Por Redacción
O Concello de Cuntis segue a mellorar o saneamento para dar solución á problemática existente, para iso, eliminarase a depuradora de tipo foso de A Louriña que pasará a conectarse coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Meira.
O funcionamento da rede será por gravidade, sen necesidade de instalar estacións de bombeo. Mediante un sistema separativo no cal unicamente se recollerán as augas residuais das vivendas e en ningún caso as augas pluviais.
Esta nova rede de saneamento é posible grazas a unha achega de 38.718 euros da Xunta de Galicia a través dunha liña de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, apuntou que o Concello ten máis do 70% do seu territorio saneado e que hoxe en día está a facer obras de mellora neste aspecto. Lembrou que mantén o compromiso de completalo durante este mandato, para o que se está facendo un gran esforzo e mesmo se está tentando concorrer a convocatorias de fondos estatais e europeos.
Campos destacou mostrouse crítico coa Xunta posto que "cobra a toda a veciñanza o canon de saneamento, e, con todo, este é o primer investimento de Augas de Galicia en Cuntis".
Relacionadas:
-
Cuntis elimina a depuradora da Louriña e conectará Cardecide coa EDAR de Meira
Por Redacción |
-
Aprobado un investimento de 43.000 euros para completar a rede de saneamento no lugar da Casiña en Cuntis
Por Redacción |
-
Investiranse 1.600.000 euros en novas obras de saneamento en Cuntis
Por Redacción |
-
As obras de saneamento en San Miguel de Couselo empezarán a próxima semana
Por Redacción |
-
Cuntis pide non tirar as toalliñas húmidas polo inodoro porque atascan as depuradoras
Por Redacción |
-
A rede de saneamento chega ao lugar de Ducío, na parroquia cuntiense de Arcos
Por Oskar Viéitez |