VÍDEO 2.- Protesta de persoal de Ence: Xunta, Subdelegación e Concello
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez & Anxo Lourido
O persoal da fábrica e de empresas que traballan con Ence facían un percorrido por diferentes puntos da cidade para reclamar a continuidade dos seus postos de traballo, en perigo ante a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga do goberno de Mariano Rajoy ata o ano 2073.
Tras cortar o tráfico nos accesos á autoestrada AP-9, os traballadores desprazábanse ata o edificio da Xunta de Galicia situado en Campolongo, obrigando a cortes parciais de circulación ao seu paso por rúas como María Victoria Moreno. Diante da Xunta pediron implicación política á vez que lanzaban botes de fume nos xardíns.
A continuación desorazábanse ata a Subdelegación do Goberno e finalmente ao Concello de Pontevedra. En ámbolos edificios, ademais de petardos, os traballadores guindaron rolos de papel hixiénico. O primeiro edificio atopábase protexido por axentes da Policía Nacional mentres que persoal da Policía Local se situaron diante da casa consistorial da rúa Michelena.
A seguinte parada realizáse na praza da Peregrina e, a continuación, a marcha desprazouse ata a factoría en Lourizán, derrubando contedores de lixo, principalmente de vidro ao seu paso, que provocou algúns enfrontamentos verbais entre veciños da zona e os manifestantes.
Finalmente, a protesta deste mércores remataba na entrada da fábrica pasteira. Alí anunciouse por parte do vicepresidente do comité de empresa da fábrica, Modesto Graña, que haberá novas mobilizacións en vindeiras datas.
Relacionadas:
-
VÍDEO 1.- Protestas de persoal de Ence: cortes de tráfico
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez & Anxo Lourido |
-
Os traballadores de ENCE alertan que "en pocos meses nos pueden parar la fábrica"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O Concello acusa a ENCE e o PP de "alentar e propiciar situacións de violencia"
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Traballadores de ENCE cortan o tráfico con barricadas nas saídas da cidade cara a Marín e Vigo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez & Anxo Lourido | Creada e actualizada