Defensa desplegará 30 patrullas polos montes galegos a partir deste domingo
Por Oskar Viéitez
A Operación Centinela Gallego 2021 comenzará o vindeiro domingo día 15 e prolongarase ata o 1 de octubre.
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou este xoves na presentación do despregue das tropas nun acto que tivo lugar na base aérea contra incendios do Campiño, no concello de Pontevedra.
A reedición deste convenio entre o Ministerio de Defensa e Medio Rural permitirá incorporar 30 patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil ao dispositivo de loita contra os incendios forestais.
Medio Rural financiará o importe dos gastos que se produzan con motivo desta colaboración. O orzamento previsto para o recoñecemento, despregamento, actividade operativa e remudas da unidade das Forzas Armadas é de case 470.000 euros, unha cantidade idéntica á do pasado ano.
O conselleiro sinalou que este operativo "vén para intensificar a vixilancia e tamén para incidir na identificación dos incendiarios", aportando ademais o beneficio de que a propia presenza dos militares sobre o terreo disuada deste tipo de prácticas delituosas.
José González afirmou que este "compromiso común" do Ministerio e da Consellería "é efectivo e vén sendo renovado dende hai máis de 20 anos" e ademáis "amosa que a implicación do Exército na protección dos nosos montes e na nosa propia seguridade é un feito polo que todo galego debe sentirse agradecido".
Tres de cada catro incendios en Galicia son intencionados
O persoal do Exército estará baixo o mando único da Xunta. A incorporación de medios e persoal poderá ser superior se aumenta o esforzo por situacións de risco alto ou moi alto, chegando ás 75 patrullas e 2 helicópteros de vixilancia se o nivel de risco é moi alto.
Segundo os datos de Medio Rural, tres de cada catro incendios en Galicia son intencionados.
"Nosotros buscamos detener incendiarios justo en el momento en el que estén provocando un incendio para evitar las consecuencias", dixo o conselleiro. "Ahora mismo somos muy buenos en la investigación a posteriori", pero "queremos mejorar en ese trabajo a priori para cogerlos con las manos en la masa", entre outras razóns para reunir probas suficientes para que sexan condenados polos tribunais.
conselleiro insistiu na necesidade de reforzar os labores de disuasión e vixilancia coma "otra forma más de hacer prevención". E salientou que máis do 70% do territorio galego está cuberto por cámaras que permiten "salvagardar, detectar e anticiparnos" ao lume. Así mesmo, destacou que xa son 12 os drons que a Xunta destina á loita contra os incendios.