Catro mortes máis con covid entre persoas maiores de 72 anos en Galicia, unha delas falecida en Montecelo
Por Redacción
Saúde Pública confirmaba na tarde deste xoves 12 que catro persoas diagnosticadas por coronavirus falecían este mércores 11 en Galicia, ademais das notificadas na xornada de onte, como consecuencia da pandemia.
Entre estes catro decesos atópase un home de 85 anos de idade, que falecía no Hospital Montecelo. Convértese, desta forma, na vítima 193 orixinada por esta enfermidade desde o inicio do plan de continxencia.
A esta morte, hai que sumar a dunha muller de 90 anos, dentro da provincia de Pontevedra. O falecemento producíase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e procedía da Residencia DomusVI da cidade olívica.
A eles hai que sumar a perda dunha muller de 77 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e un home de 72 anos, no Complexo Hospitalario da Coruña. Todos estes pacientes falecidos contaban con enfermidades previas nos seus historiais médicos, segundo indica a Consellería de Sanidade.
Galicia suma xa 2.508 falecementos debido á pandemia, segundo os datos que recolle o Servizo Galego de Saúde.
PROGRAMACIÓN DE VACINAS PARA O VENRES 13
Este venres 13, a Consellería de Sanidade citou a 3.500 persoas, con idades comprendidas entre os 30 e os 39 anos, no Recinto Feiral de Pontevedra, en horarios de mañá e tarde, para recibir a segunda dose da vacina.
Para o Recinto Feiral Fexdega en Vilagarcía de Arousa convocáronse a 1.450 persoas, tamén con entre 30 e 39 anos, para recibir segundas doses, en horarios de mañá e tarde.
Relacionadas:
-
Citan a 7.312 mozos de 29 a 16 anos para vacinarse a semana que ven na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Aumentan os ingresos e os pacientes na UCI por covid na área sanitaria antes da fin de semana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Xunta solicitará ao TSXG que ratifique o requisito do certificado covid nas zonas con restricións máis altas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O TSXG suspende o uso do certificado COVID-19 na hostalería e o lecer nocturno
Por Oskar Viéitez |
-
Os casos activos de covid seguen á baixa a pesar de detectarse 100 novos contaxios no último día
Por Diego Espiño |
-
A vítima 192 con covid-19 na área sanitaria é un home de 86 anos nunha xornada con cinco decesos notificados en Galicia
Por Redacción |
-
O punto test covid do porto de Sanxenxo leva realizadas 700 probas de antíxenos co 1,7% de positividade
Por Oskar Viéitez |