Aumentan os ingresos e os pacientes na UCI por covid na área sanitaria antes da fin de semana
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
26 pacientes, catro máis que o xoves, atópanse ingresados en planta de hospitalización con covid. 23 permanecen no Hospital Montecelo, dous no Hospital do Salnés e un no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Ademais, a esta cifra hai que sumar sete pacientes con covid, un máis que hai 24 horas, que se atopa na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Nas últimas horas, a Consellería de Sanidade notificaba a morte dun home durante o 11 de agosto con coronavirus no Hospital Montecelo. O paciente tiña 85 anos de idade e presentaba patoloxías previas. Trátase da vítima 193 desde o inicio da pandemia na área sanitaria onde se curaron 18.419 persoas, 81 máis durante a última xornada.
Nestes momentos, hai 1.809 casos activos, 16 menos que o xoves 12 de agosto. 1.776 enffermos evolucionan do coronavirus nos seus domicilios, segundo o Sergas. No municipio de Pontevedra rexístranse 563 persoas coa enfermidade, tres menos que durante a xornada do 12 de agosto. Permanecen tamén os cinco positivos detectados na Residencia Soremay de Pontevedra.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 624 probas PCR detectando 66 novos casos positivos.
DATOS EN GALICIA
Segundo os datos da Consellería de Sanidade, en Galicia detectáronse 821 novos positivos nas últimas horas. Trátase de 54 contaxios diarios máis respecto a a xornada do xoves 12. Con todo, a cifra descende respecto ao venres da semana pasada, con 197 casos menos.
O número de casos activos na comunidade é de 15.156 persoas, 390 menos que durante o xoves. Notificáronse catro novos falecementos que sitúan a cifra total de decesos en 2.508 persoas.
O número de pacientes hospitalizados ascende en 7 casos, alcanzando os 324, aos que hai que sumar outros 55 enfermos que se atopan nas unidades de coidados críticos, catro máis que hai 24 horas.
Por áreas sanitarias, o número de positivos é o seguinte: A Coruña-Cee: 4.495 (-9) Vigo: 3.715 (-95) Pontevedra-O Salnés: 1.809 (-16) Lugo: 1.585 (-91) Santiago-O Barbanza: 1.555 (-59) Ourense: 1.029 (-91) e Ferrol: 968 (-29).
Relacionadas:
-
Aumentará a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias durante esta fin de semana
Por Redacción |
-
Piden a destitución de José Ramón Gómez por ser o "peor xerente posible" da área sanitaria
Por Redacción |
-
A Xunta solicitará ao TSXG que ratifique o requisito do certificado covid nas zonas con restricións máis altas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Catro mortes máis con covid entre persoas maiores de 72 anos en Galicia, unha delas falecida en Montecelo
Por Redacción |
-
O TSXG suspende o uso do certificado COVID-19 na hostalería e o lecer nocturno
Por Oskar Viéitez |