Descenden os pacientes na UCI pero aumentan os ingresos nos hospitais da área por covid-19
Por Redacción
36 pacientes permanecen ingresados con covid-19 nos centros de Pontevedra. Segundo informa a Consellería de Sanidade este martes 17, 31 pacientes permanecen ingresados en planta de hospitalización, tres máis que o luns. Atópanse repartidos da seguinte forma: 27 no Hospital Montecelo, 3 no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Ademais, cinco pacientes con coronavirus están ingresado na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, tres menos que o luns.
O número de casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é de 1.351 enfermos, 66 menos que hai 24 horas. 1.315 positivos permanecen nas súas vivendas evolucionando da enfermidade.
Nas últimas horas non se produciron falecementos na área sanitaria, polo que a cifra de persoas que perderon a vida por culpa da pandemia nesta zona sanitaria continúa sendo de 194 enfermos.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 468 probas PCR, que ofreceron un resultado de 37 novos positivos. No municipio de Pontevedra tamén continúa a baixada de casos activos, con 430 positivos, 17 menos que na xornada do 16 de agosto.
DATOS EN GALICIA
A Consellería de Sanidade notifica este martes 405 positivos novos en Galicia, unha cifra que supón 161 contaxios menos respecto a os detectados durante o luns e 376 menos que hai unha semana.
O número de casos activos en Galicia é de 13.076 persoas, 419 menos que hai 24 horas. Os pacientes hospitalizados son 326 (-11) e nas UCI continúan 63 persoas, as mesmas que na xornada de onte.
Rexistráronse dous novos falecementos na comunidade con coronavirus nas últimas horas e a cifra total de mortes provocadas pola pandemia ascende a 2.518 persoas.
Por áreas sanitarias, os datos de casos activos son os seguintes: A Coruña-Cee: 4.217 (-114); Vigo: 3.192 (-102); Pontevedra-O Salnés: 1.351 (-66); Lugo: 1.330 (-31); Santiago-O Barbanza: 1.290 (-32); Ferrol: 899 (-39); e Ourense: 797 (-35).
VACINACIÓN
Nesta xornada, o Sergas convocou no Recinto Feiral de Pontevedra 2.600 persoas en horarios de mañá e tarde para recibir as primeiras doses. Son mozos con idades entre 16 a 29 anos, que reciben as primeiras doses.
En Fexdega, en Vilagarcía, foron convocadas mil persoas coas mesmas idades, de 16 a 29, que reciben a primeira dose. No Hospital Montecelo citáronse 70 persoas, maiores de 40 anos, do grupo de autocita-repesca e outras 30 persoas foron convocadas no Hospital do Salnés.
Relacionadas:
-
Tan só catro concellos da área sanitaria seguen en nivel alto: O Grove, Bueu, Ponte Caldelas e Meis
Por Natalia Puga |
-
Progresa o descenso de casos activos e de persoas ingresadas por covid-19 nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Baixan os casos activos e a presión hospitalaria na área sanitaria
Por Redacción |
-
Un home de 84 anos, falecido en Montecelo, vítima 194 con covid na área sanitaria
Por Redacción |