Fontes, pozos e lavadoiros son obxecto de conservación en Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas continúa avanzando na posta a punto de fontes, pozos e lavadoiros do rural, que neste municipio esténdese por un total de 33 lugares.
Nas últimas semanas xa se completou a limpeza deste elementos patrimoniales nos lugares de Tabodelo, Xustáns, Baltar, Contixe e A Reigosa.
Os operarios municipais están a traballar nestes momentos nos lugares de Mirón e Vilarchán para, nos vindeiros días, seguir avanzando na posta a punto dos elementos patrimonios no resto de lugares do termo municipal.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, lembraba que este ano adquiriu o compromiso de conservar fontes, pozos e lavadoiros e poñelos a punto para que poidan lucir no seu total esplendor "xa que son parte da nosa historia e facémolo para honrar a todas as persoas que con traballo, esforzo e dedicación levantaron estas infraestruturas ás que tanto uso lles deron os nosos antepasados", manifestaba o rexedor.
Fontes municipais sinalan que ata hai pouco tempo eran os propios veciños os que se encargaban da limpeza e conservación destes bens patrimoniais, un labor que na actualidade é asumido polo Concello.
Relacionadas:
-
Barbudo estrea o renovado lavadoiro da Fonte Barreira
Por Redacción |
-
O Lavadoiro de Silvoso estrea nova cuberta
Por Redacción |
-
Recuperan o antigo pozo de regadío de Fonte de Dan, que pasará a ser piscina no verán
Por Redacción |
-
O Concello acondiciona o lavadoiro de Coveliño
Por Redacción |
-
A fonte de Vilarchán e a Casa do Pobo de Mirón, obras rematadas en Ponte Caldelas
Por Redacción |