A reforma integral do Pazo de Besada en Poio impide temporalmente o estacionamento de vehículos
Por Redacción
O Concello de Poio executa xa a reforma integral do Pazo de Besada, na parroquia de San Salvador, que pasará a albergar as dependencias de Servizos Sociais e o CIM. Unha actuación que dispón dun montante económico de case 530.000 euros, contando con axuda dos fondos do Plan Concellos da Deputación. O proxecto prevese que quede concluído a finais deste ano ou comezos do próximo.
Durante a execución desta reforma integral queda prohibido o estacionamento no recinto. Por iso, o Concello ofrece desde hai unhas semanas un aparcamento disuasorio nunha parcela situada entre o Camiño das Bocas e a rúa Palestina, con capacidade para uns trescentos vehículos.
Neste inicio de obra procédese á colocación de estadas, limpeza da fachada do edificio principal e localización de posibles filtracións. Contémplase instalar un novo sistema de calefacción, iluminación, servizos e reparación de tabiques. Habilitarase unha sala destinada a celebración de eventos, espazos de lecer para persoas maiores, unha aula de lectura e oficinas.
A tenente de alcalde, Chelo Besada e o concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís supervisaron este mércores estas obras que son "unha actuación prioritaria para o goberno local e serve para dar continuidade aos traballos de acondicionamento exterior levados a cabo na finca hai uns anos".
Relacionadas:
-
As obras do Pazo de Besada rematarán a finais de xullo
Por Redacción |
-
A rehabilitación do Pazo de Besada rematará no primeiro trimestre de 2022
Por Redacción |
-
Construcciones Abal reformará o Pazo de Besada cun orzamento que roza os 530.000 euros
Por Redacción |
-
400 novas prazas de aparcadoiro serán creadas en San Salvador e preto da igrexa de Samieira
Por Redacción |
-
Poio saca a licitación o proxecto de rehabilitación do Pazo de Besada
Por Redacción |