1.211 casos activos, segue a curva descendente de infeccións na área sanitaria
Por Redacción
Mantense o descenso de casos activos seguindo a tónica dos últimos días na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A Consellería de Sanidade comunica que este xoves hai 1.211 casos activos, 84 menos que na xornada do mércores. Destes casos, 1.178 persoas permanecen nas súas vivendas evolucionando da enfermidade, segundo o Sergas.
Incrementouse nun paciente o número de persoas ingresadas en centros hospitalarios da área. Desta forma, este xoves atópanse 29 pacientes en planta de hospitalización, 24 no Hospital Montecelo, un no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra e catro no Hospital do Salnés, un máis que hai 24 horas. A esta cifra súmanse os catro pacientes con covid-19 que continúan na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
O municipio de Pontevedra tamén continúa en liña de descenso de casos activos, notificando 368, 42 menos que o mércores. Continúan os cinco positivos na residencia Soremay, segundo traslada o Sergas.
Non se rexistraron falecementos nesta área nas últimas horas, polo que a cifra de persoas que perderon a vida por culpa da pandemia mantense en 194 pacientes.
Durante as últimas 24 horas, realizáronse 295 probas PCR na área co resultado de 43 novos positivos.
DATOS EN GALICIA
A Consellería de Sanidade tamén notifica a aparición de 613 novos casos positivos en Galicia. Trátase de 16 contaxios diarios máis respecto ao día 18 e 154 menos que fai sete días.
O número total de casos activos na comunidade tamén descende ao situarse en 12.119, o que supón 611 persoas infectadas menos. Desta cifra, atópanse en planta de hospitalización 324 persoas, dúas máis que onte. E na Unidade de Críticos permanecen 60 enfermos, tres menos. O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou que hai pacientes na UCI con tan só 16, 20 ou 23 anos, polo que lembrou, tras a reunión do comité clínico, a necesidade de extremar o coidado entre a mocidade para evitar estas situacións.
Por áreas sanitarias, os datos de casos activos son os seguintes: A Coruña-Cee: 3.840 (-189); Vigo: 2.985 (-149); Lugo: 1.287 (-57); Pontevedra-O Salnés: 1.211 (-84); Santiago-O Barbanza: 1.203 (-56); Ferrol: 853 (-25) e Ourense: 740 (-51).
Saúde Pública indicou que faleceron cinco persoas con covid-19 nas últimas horas en Galicia, que elevan a cifra total de decesos a causa desta enfermidade a 2.529 persoas.
Relacionadas:
-
A área sanitaria volve confirmar 70 novos positivos de covid-19 mentres se reduce a presión nos hospitais
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sanidade tamén vacinará a próxima semana aos menores de 12 e 13 anos, citados para o luns
Por Natalia Puga |
-
Aumentan os contaxios diarios detectados tanto na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés como en Galicia
Por Redacción |
-
Sen motivos para a relaxación con 63 pacientes con covid-19 nas UCI galegas, un de só 16 anos
Por Natalia Puga |
-
A hostalería segue sentíndose sinalada, prexudicada e farta da discriminación ao lecer nocturno
Por Manu Otero & Natalia Puga |
-
Sanidade empezará a vacinar a próxima semana aos menores de 14 a 16 anos
Por Natalia Puga |
-
Tan só catro concellos da área sanitaria seguen en nivel alto: O Grove, Bueu, Ponte Caldelas e Meis
Por Natalia Puga |