Aumentan os contaxios diarios detectados tanto na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés como en Galicia
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés reduce nunha persoa a presión hospitalaria. Este venres contabilízanse 32 persoas hospitalizadas, catro delas na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
En planta de hospitalización, 21 persoas atópanse no Hospital Montecelo, tres menos que o xoves, con todo aumentan nun paciente ingresado en cada centro as hospitalizacións do QuirónSalud, con dous enfermos; e o Hospital do Salnés, con 5 pacientes.
O número de casos activos na área sanitaria, segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade é de 1.128 enfermos, 83 menos que na xornada do xoves. Desta cifra, 1.096 persoas recupéranse nas súas vivendas. No municipio de Pontevedra, a cifra continúa descendendo con 347 positivos, 21 menos que o día 19.
Non se rexistraron falecementos durante as últimas horas na área sanitaria, polo que a cifra de decesos desde o inicio da pandemia é de 194 persoas.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 507 probas PCR, que rexistraron 60 novos casos positivos na área sanitaria, 17 máis que no xoves 19.
DATOS EN GALICIA
A Consellería de Sanidade rexistra antes da fin de semana 706 novos positivos, 93 contaxios máis respecto a a xornada de onte e 115 menos que hai sete días.
O número de casos activos é de 11.752 persoas en Galicia, 367 menos durante as últimas 24 horas. A presión hospitalaria aumenta no conxunto da comunidade con 330 persoas hospitalizadas, seis máis, das que 62 pacientes atópanse en UCI, dúas máis que o xoves.
Por áreas sanitarias, o número de positivos é o seguinte: A Coruña-Cee: 3.648 (-192); Vigo: 2.935 (-50); Lugo: 1.282 (-5); Santiago-O Barbanza: 1.174 (-29); Pontevedra-O Salnés: 1.128 (-83); Ferrol: 850 (-3); e Ourense: 735 (-5).
Nas últimas horas falecían tres homes con covid-19 nas áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Ourense. Con eles, a cifra de decesos alcanza as 2.532 persoas desde o inicio da pandemia.
Relacionadas:
-
A área sanitaria volve confirmar 70 novos positivos de covid-19 mentres se reduce a presión nos hospitais
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
1.211 casos activos, segue a curva descendente de infeccións na área sanitaria
Por Redacción |
-
Sen motivos para a relaxación con 63 pacientes con covid-19 nas UCI galegas, un de só 16 anos
Por Natalia Puga |