Música, humor, maxia e tradición encherán Sanxenxo durante doce días consecutivos
Por Redacción
Sanxenxo vivirá as súas festas patronais con 12 días consecutivos de espectáculos de música, humor, maxia e tradición pensados para todos os públicos, recuperando ademais a pirotecnica de Santa Rosalía.
Paz Lago, concelleira de Cultura, destacou que se trata dun programa con actuacións e espectáculos "de moita calidade", cobrando protagonismo as agrupacións locais coas que celebrarán San Xinés, Santa Rosalía e sen esquecer as citas festivas como a Feira da Cebola e Sanxenxo na Historia.
A festa arrincará o 24 de agosto co espectáculo musical Mitic Family, a partir das 22:00 horas, na Praza do Mar. A actividade precederá a celebración de San Xenxo no Día del Turista, o 25, xornada que se iniciará con pasarúas e alboradas a cargo de Abiñadoira e a Banda de Música de Sanxenxo. Ás 19:00 horas do mesmo día teñen prevista a misa na honra a San Xenxo cantada polo coro parroquial San Xinés no Nuevo Templo. Ás 20:00 horas, Abiñadoira encargarase da animación musical nas rúas e, pola noite, a Praza do Mar volverá ser escenario, esta vez para o espectáculo "Camiñantes e cantantes", un espectáculo de La Oca Band que contará con Manuel Manquiña, Pepo Suevos, Eva Iglesias, Pili Pampín e Lucía Pérez como artistas invitados. A tradicional sardiñada popular no recinto portuario non se celebrará.
O xoves, 26 de agosto a Praza dos Barcos acollerá o concerto da Banda de Música de Lalín, O país das bandas, a partir das 22:00 horas. Tamén inaugurarán las XII Xornadas de Sanxenxo na Historia no Pazo Emilia Pardo Bazán a partir de las 20:00 horas. Estas xornadas prolongaranse durante os días 27 e 28.
O día 29 será el quenda de Xurxo Fernándes, que ofrecerá o concerto "Levaino!" na Praza dos Barcos a partir das 22:00 horas; mentres Pedro Volta encherá de maxia a Praza dos Barcos o día 31 a partir das 21:00 horas.
O mes de setembro comezará cos Concertos da Cebola. La Reina del Vudú e os Wavy Gravies actuarán os días 1 e 2, respectivamente, na Praza dos Barcos a partir das 22:00 horas. Ao día seguinte, entre as 12:00 e as 20:00 horas, as rúas mergullaranse en música con charangas e pasarúas.
O 4 de setembro, celebrarase a festividade de Santa Rosalía e a 39 Feira da Cebola que este ano coincide coa saída da vixésima etapa da Volta de España desde Sanxenxo. A feira manterase na contorna do recinto portuario e a súa apertura está prevista a partir das 9:30 horas. A música estará presente durante toda a xornada, as 21:00 horas, na Praza dos Barcos coa Banda de Música de Sanxenxo e ás 22:00 horas coa orquestra París de Noia Show na Praza do Mar. O broche á xornada será o espectáculo pirotécnico na praia de Silgar.
Finalmente, o 5 de setembro, coincidindo coa festividade da Virxe do Carme, Os Gatiños de Portonovo e a Banda de Música de Sanxenxo amenizarán a xornada matinal. Ás 19:00 horas será a misa en honra á Virxe do Carme cantada polo Coro Parroquial San Xinés de Padriñán no Nuevo Templo, ás 21:00 horas, na Praza dos Barcos está previsto o concerto da Banda de Música da Estrada e ás 22:00 horas, na Praza do Mar, actuará a Orquesta Marbella.
Relacionadas:
-
Sanxenxo programa un ciclo de teatro no Pazo Emilia Pardo Bazán
Por Redacción |
-
A Feira da Cebola non se perde o arranque de setembro en Sanxenxo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Feira da Cebola e La Vuelta, eventos para celebrar Santa Rosalía en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sancionan en Sanxenxo a 28 persoas por reunirse na rúa, de madrugada e sen ser conviventes
Por Redacción |