Os populares de Vilaboa esixe a reposición "en condicións" do vial de Bértola
Por Redacción
As queixas dos veciños de Bértola sobre a reposición dun vial afectado na súa totalidade polo transcurso das obras da subestación do municipio provocou que o Partido Popular fixésense eco da demanda.
O portavoz, Alberto Acuña, explicou que "se anunciou en 2020 que antes de finalizar o ano estaría realizado", pero produciuse un "atraso evidente da reposición do vial" que provocou o seu desmantelamento total, inutilizándolo e pechándoo ao paso dos veciños e o enterro de liñas de subministración para a empresa Red Eléctrica, que está a deixar "o vial en peores condicións que cando o atopou".
Desta forma, Acuña sinala que, tal e como se executou a obra, "non durará máis dun ano en condicións" e esixe ao goberno municipal "unha reposición do vial en condicións, como os veciños o piden".