A gardaría O Toxo permanecerá pechada este martes polo cheiro a gasóleo
Por Oskar Viéitez
A persistencia dun forte cheiro a gasóleo aconsellou suspender a actividade na Escola Infantil O Toxo por segundo día consecutivo.
Nunha reunión celebrada este luns ás 19:00 horas a dirección do centro informou os pais dos nenos do centro que dende a Consellería de Benestar se habilitaron once prazas na gardaría de Campolongo para acoller provisionalmente os nenos daquelas familias que non teña outra alternativa.
Agás nun caso a maioría dos pais optaron por outras solucións para que os pequenos pasen este martes.
Ademais o director do centro informou das medidas de seguridade adoptadas durante a xornada e das explicacións facilitadas polos bombeiros sobre a posible orixe do forte cheiro.
Neste sentido traballadores da concesionaria do servizo de augas Aquagest inspeccionan toda a rede de rede de sumidoiros para localizar unha vertedura de gasóleo, pois esta é a principal hipótese que se manexa: unha vertedura ilegal ao colector xeral.