Os rotarios elixen o viño solidario para brindar este Nadal
Por Mónica Patxot
O Rotary Club de Pontevedra busca con que viño poden brindar en Nadal os seus socios para cumprir cunha dobre finalidade: celebrar as festas e contribuír a unha causa solidaria.
A busca protagonizárona este luns 40 persoas, entre rotarios e convidados, que se deron cita no Pazo Mugartegui para catar oito albariños da Denominación de Orixe Rías Baixas e, entre eles, elixir ao viño solidario deste 2013.
Esta cata solidaria rotaria é xa unha tradición no Rotary Club e permitiu probar os viños de oito adegas previamente invitadas polo club. O seleccionado ofrecerase aos clubs rotarios de toda España na próxima campaña de Nadal co fin de que todos adquiran estes e os fondos obtidos da venda se destinen ás actividades solidarias que promove a Fundación Rotaria en todo o mundo.
A misión da Fundación rotaria é apoiar os esforzos despregados por Rotary Internacional para facer realidade o obxectivo de Rotary, que é o logro da comprensión mundial e a paz a través da implementación local, nacional e internacional de programas humanitarios, educativos e culturais.