Falece un veciño de Cerdedo-Cotobade rescatado da auga do río Verdugo na Lama
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un veciño de Cerdedo-Cotobade faleceu este domingo tras ter que ser rescatado polos servizos de emerxencias da auga do río Verdugo na tarde deste domingo e trasladado logo ao hospital.
Todo sucedeu sobre as sete da tarde deste domingo ao paso do Verdugo polo concello pontevedrés da Lama, no límite co municipio de Cerdedo-Cotobade..
A alerta deuna un particular que chamou ao centro de atención de emerxencias 112 Galicia porque, mentres un home estaba na auga e parecía afogado.
Segundo confirmou a PontevedraViva o alcalde da Lama, Jorge Canda, o home estaba con catro amigos bañándose nunha pequena praia próxima ao campo de fútbol da Lama, moi preto de Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade, e foi sacado da auga polos seus propios acompañantes.
Desde o CIAE 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Xa no punto, o persoal sanitario atendeu ao ferido, que finalmente non foi trasladado en helicóptero, senón en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Ademais, deuse aviso á Garda Civil e a Protección Civil da Mancomunidade Oitavén Tea
O falecido, José Manuel G.C., era veciño de Cerdedo-Cotobade e traballaba en Ponte Caldelas.